Web Push permite que os sitios web lle notifiquen novas mensaxes ou contido actualizado, mesmo cando o sitio non está cargado. Mentres Firefox estea aberto, os sitios web aos que se lles concedeu permiso poden enviar notificacións ao seu navegador, mostrándoas na pantalla. Ao premer nunha notificación pódese abrir o sitio web orixinal ou cambiar á lapela dese sitio se está cargado. Nas instalacións de Windows compatíbeis, Firefox tamén pode recibir determinadas notificacións mentres está pechado.
Por exemplo, pode subscribirse ás notificacións dos seus sitios de compras favoritos para que lle avisen de novas promocións ou ofertas. Pode subscribirse ás notificacións de diferentes sitios web. Un sitio de concertos pode ofrecerlle notificacións para espectáculos da súa banda favorita. Vostede decide permitir que ese sitio lle envíe notificacións e, unha semana despois, recibe unha notificación de que a súa banda está de xira.
Índice
- 1 Como solicitan os sitios web o permiso de notificacións?
- 2 Xestionar o permiso de notificacións para un sitio web ao que está accedendo
- 3 Xestionar o permiso de notificacións para todos os sitios web
- 4 Como revogo o permiso de notificacións para un sitio específico?
- 5 Como fago para que Firefox deixe de pedirme que permita notificacións?
- 6 Recibir notificacións de sitios web mentres Firefox está pechado
- 7 Preguntas frecuentes
Como solicitan os sitios web o permiso de notificacións?
Se un sitio quere solicitar o permiso, verá a icona de permiso de Notificación
na barra de enderezos. Ao premer nela mostrarase unha xanela emerxente que lle permitirá conceder ou denegar o permiso.
Se interactuou co sitio web (premendo unha tecla do teclado ou tocando/premendo en calquera parte do sitio), a xanela emerxente mostrarase automaticamente.
Xestionar o permiso de notificacións para un sitio web ao que está accedendo
- Prema na icona do cadeado
icona do escudo
situada no lado esquerdo da barra de enderezos.
- Prema no botón nona parte superior do panel de información do sitio que se abre.
- Prema en Máis información do sitioMáis información no seguinte panel para abrir a xanela de información da páxina.
- Consello: tamén pode abrir a xanela de información da páxina desde a barra de menús, se a barra de menús está activada. Prema en e seleccione no menú despregábel.
- Seleccione a lapela Permisos.
- En Enviar notificacións, escolla unha opción de notificación: (predeterminado), ou . Se as súas opcións aparecen en gris, desmarque a caixa de verificación Usar predeterminado.
Xestionar o permiso de notificacións para todos os sitios web
- Fai clic no menú da aplicación Thunderbird > .
- Seleccione á esquerda.
- Baixe ata a sección Permisos eNa sección Permisos, prema no botón á dereita de Notificacións.
- Seleccione ou no menú despregábel Estado para calquera dos sitios web para conceder ou denegar o permiso de notificacións. Teña en conta que ao seleccionar impedirá que o sitio web volva solicitar o permiso.
- Para denegar o permiso de notificacións, permitindo ao mesmo tempo que o sitio web o solicite de novo no futuro, seleccione o sitio e prema no botón debaixo da lista.
- Unha vez que remate, prema no botón .
Como revogo o permiso de notificacións para un sitio específico?
Web Push sempre require aceptación previa en Firefox. Un sitio non pode enviarlle notificacións push sen o seu permiso. Para impedir que un sitio específico lle envíe notificacións:
- Fai clic no menú da aplicación Thunderbird > .
- Seleccione á esquerda.
- Baixe ata a sección Permisos eNa sección Permisos, prema no botón á dereita de Notificacións.
- Seleccione o sitio web.
- Se só quere revogar o permiso (permitindo ao mesmo tempo que o sitio web o solicite de novo no futuro), prema no botón .
- Se quere revogar o permiso e impedir que o sitio web o solicite de novo, seleccione no menú despregábel Estado xunto ao URL do sitio web.
- Prema no botón .
Alternativamente:
- Visite o sitio web para o que quere revogar o permiso de notificacións.
- Prema na icona de permisos
na barra de enderezos para abrir o panel de permisos do sitio para o sitio web.
- Busque o permiso Enviar notificacións e prema no botón situado ao seu carón para eliminar o permiso.
Tamén pode denegar o permiso na xanela de información da páxina tal e como se describe na sección Xestionar o permiso de notificacións para un sitio web ao que está accedendo.
Como fago para que Firefox deixe de pedirme que permita notificacións?
Se un sitio lle indica a Firefox que quere mostrar notificacións, de xeito predeterminado, Firefox pregunta se quere conceder permiso. Pode configurar Firefox para que denegue automaticamente o permiso sen preguntar. Mesmo despois do cambio, poderá facer excepcións para os sitios que vostede queira que mostren notificacións ou usen funcións push a través da xanela de información da páxina.
- Fai clic no menú da aplicación Thunderbird > .
- Seleccione á esquerda.
- Baixe ata a sección Permisos eNa sección Permisos, prema no botón á dereita de Notificacións.
- Marque a caixa de verificación Bloquear novas solicitudes que pidan permitir notificacións.
- Prema no botón .
Recibir notificacións de sitios web mentres Firefox está pechado
This feature is experimental and is being introduced to the Firefox user base through a progressive rollout. It may not yet be available to all users. Additionally, remote improvements must be enabled.
Non todos os sitios web admiten notificacións mentres Firefox está pechado. Os sitios web que envían notificacións push poden enviarlle notificacións mesmo cando non os ten abertos nunha lapela. Non obstante, os sitios web que xeran notificacións directamente desde unha lapela aberta só poden enviarlle notificacións mentres esa lapela permaneza aberta.
Para usar esta función, primeiro debe permitir que polo menos un sitio web lle envíe notificacións. Despois, Firefox activará automaticamente as notificacións mentres Firefox estea pechado.
Pode activar ou desactivar esta función na configuración de Firefox sen cambiar os permisos de notificación que xa concedeu aos sitios web.
Para obter máis información, incluíndo como xestionar esta función, consulte Permitir que os sitios web lle envíen notificacións mentres Firefox está pechado.
Preguntas frecuentes
Como funciona Web Push?
Os sitios web poden instalar un Service Worker, unha páxina web en segundo plano cun conxunto limitado de funcionalidades, que pode subscribirse ao servizo push. O sitio web pode entón enviar unha mensaxe push a través do servizo Web Push de Mozilla ao seu navegador, que pode procesar esa mensaxe e mostrar unha notificación na súa pantalla.
Que información comparto cun sitio web?
Un sitio web ao que se lle concederon permisos pode enviarlle mensaxes push cando o sitio non está cargado. Unha cota limita o número de mensaxes push sen notificación en pantalla que os sitios web lle poden enviar. Aos sitios web que superen a cota desactivaráselles a mensaxaría push e terá que visitalos de novo para volver subscribirse. Web Push non permite directamente aos sitios web determinar o seu enderezo IP.
Que información usa Firefox para proporcionar Web Push?
Firefox mantén unha conexión cun servizo push para recibir mensaxes push mentres está aberto. Nas instalacións de Windows compatíbeis, Firefox tamén pode recibir notificacións push mentres está pechado a través dun programa complementario chamado Notificacións web de Firefox. Este programa mantén a conexión co servizo push de Mozilla ata que Firefox se abre de novo ou se desactiva a función.
Noutras plataformas, ou cando esta función está desactivada, a conexión finaliza cando se pecha Firefox.
Firefox mantén unha conexión activa cun servizo push para recibir mensaxes push mentres estea aberto. A conexión finaliza cando se pecha Firefox. Almacenamos no noso servidor un identificador aleatorio (identificador de axente de usuario ou UAID) para o seu navegador, xunto cun identificador aleatorio xerado polo cliente para cada subscrición push. Cando ten algunha subscrición, o UAID é necesario para permitir que o noso servizo push encamiñe as mensaxes entrantes a Firefox. Se non ten ningunha subscrición activa de notificacións push, Firefox rota o UAID en cada nova conexión.
En Firefox para escritorio, o servizo push é operado por Mozilla. Firefox for Android usa unha combinación do servizo Web Push de Mozilla e a plataforma Cloud Messaging de Google para entregar notificacións a Firefox for Android. Só as aplicacións de Mozilla están habilitadas para usar WebPush en iOS (os terceiros teñen prohibido usar WebPush para enviar notificacións a iOS segundo o acordo de uso de iOS).
Nos tres casos, as mensaxes push están cifradas segundo a especificación do IETF, e só a súa copia de Firefox pode descifralas. As mensaxes cifradas almacénanse no servidor ata que se entregan ou caducan.
Almacenamos o seu enderezo IP durante 90 días como parte deste servizo. A información almacenada invalídase cando cambia o enderezo IP ou o UAID. Non almacenamos información sobre:
- os servidores e/ou servizos que enviaron mensaxes
- cando un axente de usuario concreto estivo en liña/activo
Como engado Web Push ao meu sitio web?
A especificación da API Push explica como crear un Service Worker e enviar mensaxes push.