O menú de vista xeral de lapelas de Firefox está deseñado para axudarlle a xestionar e navegar polas súas lapelas abertas. Tanto se ten só unhas poucas lapelas como moitas, esta funcionalidade permítelle atopar, organizar e cambiar de lapela rapidamente, proporcionando unha experiencia de navegación fluída. Este artigo guiaralle sobre como usar o menú de vista xeral de lapelas para manter un contorno de navegador limpo e organizado, independentemente do número de lapelas que teña abertas.
Índice
Acceder ao menú de vista xeral de lapelas
Prema na icona Listar todas as lapelas
Buscar e xestionar lapelas
na esquina superior dereita da xanela de Firefox, ao carón da barra de lapelas. (Se as lapelas verticais están activadas, prema na icona Listar todas as lapelas
na barra de ferramentas.) Aparecerá un menú despregable con algunhas opcións de menú e unha lista de todas as súas lapelas abertas. Cada lapela da lista mostra o título e o favicon da páxina web. A lapela activa mostrarase en letra grosa.



Xestionar lapelas
Funcionalidades dispoñibles no menú:
- Buscar lapelas: Permite atopar unha lapela específica usando a barra de enderezos introducindo palabras clave relacionadas co contido da lapela.
- Lapelas doutros dispositivos: Proporciona acceso ás lapelas abertas noutros dispositivos sincronizados coa Mozilla account. Tamén permite continuar a navegación sen interrupcións entre dispositivos. Para abrir unha lapela no dispositivo actual, simplemente prema nela.
- Pechar todas as lapelas duplicadas: Pecha todas as lapelas duplicadas. Mostrarase unha mensaxe pedindo confirmación desta operación. Para continuar, prema no botón . Firefox identificará automaticamente as lapelas co mesmo URL e manterá aberta só a última lapela activa.
- Nova lapela contedor: Abre unha lapela nun contedor diferente, se está dispoñible. Isto permite separar as actividades de navegación por contexto, como actividades laborais e persoais. Para obter máis información sobre os contedores de Firefox, consulte How to use Firefox containers.
- Buscar en todas as lapelas: Permite atopar unha lapela específica usando a barra de enderezos introducindo palabras clave relacionadas co contido da lapela.
- Nova lapela contedor: Abre unha lapela nun contedor diferente. Isto permite separar as actividades de navegación por contexto, como actividades laborais e persoais. Para obter máis información sobre os contedores de Firefox, consulte How to use Firefox containers.
- Pechar lapelas duplicadas: Pecha rapidamente todas as lapelas duplicadas. Firefox identificará automaticamente as lapelas co mesmo URL e manterá aberta só a última lapela activa.
- Ver todas as lapelas: Abre Firefox View, onde se pode acceder ás lapelas abertas e pechadas recentemente, ao historial de navegación e ás lapelas abertas noutros dispositivos sincronizados coa súa Mozilla account.
Navegar polas lapelas
- Cambiar de lapela: Atope a lapela á que quere cambiar e prema nela na lista de lapelas. Como resultado, a lapela seleccionada pasará a primeiro plano ao instante.
- Pechar unha lapela: Prema na icona ✕ que segue ao título da lapela para pechar unha lapela directamente desde o menú.
Para obter máis información sobre a xestión de lapelas, consulte o artigo Tab context menu.