Perfís-gl

(Redirected from Profiles)

This article may be out of date.

An important change has been made to the English article on which this is based. Until this page is updated, you might find this helpful: Profiles - Where Firefox stores your bookmarks, passwords and other user data

Translation in progress.


Firefox garda a túa información persoal, como marcadores, contrasinais e preferencias de usuario nunha serie de arquivos chamada o_teu_perfil, que é almacenada nun lugar separado dos arquivos de Firefox.


Que é un perfil?

Calquera cambio que fagas mentres usas Firefox é almacenado en arquivos de maneira que poidan ser utilizados a seguinte vez que inicies o programa. Estes cambios poden ser obvios, como a túa páxina de inicio, ou cambios que fixeches na barra de ferramentas, pero tamén inclúen cousas coma o teu historial, que sitios visitaches, e texto que introduciches en formularios como campos de búsqueda. Todos son almacenados nun mesmo lugar, chamado directorio de perfil.

Estes arquivos mantéñense separados dos arquivos de programa que Firefox utiliza para executarse, que non cambian. Isto significa que podes desinstalar Firefox sen perder a túa configuración, e que se algo falla nunha actualización a túa información continuará aí. Tamén significa que non terás que reinstalar Firefox para limpar a túa información ou reparar un problema.

Para unha lista de arquivos gardada no teu perfil, mira Contidos da carpeta de perfil.


Como atopar o teu perfil

Cada perfil é gardado no teu disco duro nunha carpeta de perfil. A seguinte táboa identifica os diferentes directorios por defecto de perfís de Firefox en varios sistemas operativos.

  • Os seguintes exemplos refírense ó perfil por defecto. O correspondente directorio de perfil chámase xxxxxxxx.default, onde xxxxxxxx representa unha cadea de 8 caracteres aleatorios.

||::Sistema operativo::|::Ruta ó directorio de perfil:: Windows Vista/XP/2000 | %APPDATA%\Mozilla\Firefox\Profiles\xxxxxxxx.default\ Windows 98/Me | C:\WINDOWS\Application Data\Mozilla\Firefox\Profiles\xxxxxxxx.default\||

  • (Windows Vista, XP, and 2000) %APPDATA% é un enlace á carpeta C:\Users\<username>\AppData\Roaming\ (Windows Vista) ou á carpeta C:\Documents and Settings\<username>\Application Data\ (Windows XP/2000), que depende do nome de usuario que teñas en Windows.

Windows Vista

  1. Fai click no botón de Windows Inicio , e escribe %APPDATA%\Mozilla\Firefox\Profiles\ no cadro "Comezar búsqueda" que está cerca do final do menú Inicio, sen presionar Intro. Unha lista de perfís aparecerá na parte superior esquerda do menú de Inicio.
  2. Fai click en calquera dos perfís (p.e. xxxxxxxx.default) para abrilo co Explorador de Windows.

    appdata.png

Windows 2000 e XP

  1. Fai click no botón de Inicio , e selecciona Executar....

    win-run.png
  2. Escribe %APPDATA%\Mozilla\Firefox\Profiles\ e despois fai click en Aceptar.

    win-rundialog.png
  3. O Explorador de Windows abrirá unha carpeta que amosará os teus perfís.
  4. Fai doble-click na carpeta de perfil que queiras abrir (p.e. a carpeta xxxxxxxx.default folder).

Cada perfil é almacenado no teu disco duro nunha carpeta de perfil. O directorio por defecto dun perfil de Firefox é ~/Library/Application Support/Firefox/Profiles/xxxxxxxx.default/.

  • xxxxxxxx representa unha cadea aleatoria de 8 caracteres.
  1. Abre Finder e vai á túa carpeta personal. Nota: a túa carpeta personal é normalmente o teu nome de usuario MAC
  2. Na túa carpeta personal abre /Library/, despois /Application Support/, despois /Firefox/, e logo /Profiles/.
  3. Abre a túa carpeta de perfil. Por defecto é /xxxxxxxx.default/ onde xxxxxxxx representa unha cadea aleatoria de 8 caracteres.

Cada perfil é almacenado no teu disco duro nunha carpeta de perfil. O directorio por defecto dun perfil de Firefox é ~/.mozilla/firefox/xxxxxxxx.default/.

  • xxxxxxxx representa unha cadea aleatoria de 8 caracteres.
  1. (Ubuntu) Fai click no menú Lugares na parte superior dereita da pantalla e selecciona Carpeta personal. Aparecerá un explorador de arquivos.
  2. Fai click no menú Vista e selecciona Mostrar arquivos ocultos se non está xa seleccionado.
  3. Fai doble-click na carpeta .mozilla.
  4. Fai doble-click na carpeta firefox. Todos os perfís aparecerán nesta carpeta.


Facer cambios no teu perfil

Usuarios máis avanzados poden querer facer certos cambios no seu perfil, ou pode ser que se aconselle para reparar un problema que se está a ter con Firefox.

Administrar perfís

Administrar perfís explica como facer cousas como crear un perfil novo ou borrar un vello.

Trasladar información do teu perfil a outro lugar

Copiar o teu perfil explica como copiar o teu perfil, como recuperar un perfil gardado e como mover información de perfil a un lugar distinto do teu disco duro ou a outro ordenador.


Share this article: http://mzl.la/1BAQULj

Was this article helpful? Please wait...

These fine people helped write this article: KadirTopal. You can help too - find out how.