O Soporte Profesional de Firefox permítelle ver o historial de tíckets de asistencia da súa organización para que poida facer un seguimento das solicitudes activas e resoltas.
Hai dous xeitos de acceder ao historial de tíckets da súa organización. A información amosada é a mesma independentemente do método que escolla.
Índice
Ver o historial de tíckets da súa organización desde o seu grupo
Pode acceder aos tíckets da súa organización desde a páxina do grupo.
- Vaia á páxina de asistencia de Firefox Enterprise.
- Inicie sesión na súa Mozilla account.
- Pase o cursor sobre o seu avatar na esquina superior dereita e seleccione Ver perfil.
- Desprácese ata a sección Grupos e seleccione a súa organización.
- Seleccione a lapela Tíckets.
Aquí amósase o historial de tíckets da súa organización.
Ver o historial de tíckets da súa organización desde as súas preguntas
Tamén pode acceder aos tíckets da súa organización directamente desde o seu perfil.
- Vaia á páxina de asistencia de Firefox Enterprise.
- Inicie sesión na súa Mozilla account.
- Pase o cursor sobre o seu avatar na esquina superior dereita.
- Baixo O meu perfil, seleccione .
- Na sección A súa empresa da dereita, seleccione o botón .
Será dirixido ao historial de tíckets da súa organización.
Revisar e filtrar tíckets
O historial de tíckets da organización inclúe detalles clave para cada solicitude de asistencia, incluíndo:
- Asunto do tícket
- Quen enviou o tícket
- O estado actual do tícket
- Cando foi actualizado por última vez o tícket pola asistencia de Mozilla ou polo solicitante do tícket
Tamén pode organizar a lista seleccionando unha das lapelas dispoñibles:
- Todos - Amosa todos os tíckets de asistencia.
- Activos - Amosa as solicitudes de asistencia abertas.
- Resoltos - Amosa as solicitudes de asistencia resoltas.
Para restrinxir aínda máis os resultados, utilice o filtro de membros na parte dereita da páxina para amosar os tíckets enviados por un contacto de asistencia específico.